Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

  • Serrallonga
    Titulo del libro
    Serrallonga
    Rafael Vallbona
    Edicions 62
    Menyspreable i exemplar, adorat i menystingut, Serrallonga és una de les figures més admirades del nostre pas...
    No disponible
  • Sonetos
    Antigo
    Titulo del libro
    Sonetos
    Nº 225
    Shakespeare, William
    Losada
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Constance
    Titulo del libro
    Constance
    Mcgrath, Patrick
    Mondadori
    Heredera de los mejores maestros del género, Constance, la octava novela de Patrick McGrath, es una historia d...
    No disponible
  • SAKURA
    Titulo del libro
    SAKURA
    JAMES FLATH Y ANA ORENGA
    Satori ediciones
    El Japón moderno y el Japón tradicional en más de 3000 definiciones. Una obra imprescindible para los amante...
    No disponible

    25,00 €

  • ETICA Y ACTIVIDAD EMPRESARIAL
    Titulo del libro
    ETICA Y ACTIVIDAD EMPRESARIAL
    BELTRAN HEREDIA, PEDRO J,
    Biblioteca nueva
    No disponible

    12,00 €

Galaxia en Libreria Wodan