Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Otros libros del autor en Libreria Wodan

  • (11).LINGUA E LITERATURA 1ºESO
    Titulo del libro
    (11).LINGUA E LITERATURA 1ºESO
    Álvarez Villar, Noemí;Álvarez Cid, Xabier;Domínguez Portela, Soraya;López Sández, María;Pena Presas, Montse;Valverde Otero, Alberte;Vilavedra Fernánde
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es' ); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    41,28 €

  • Cancodrilo vai a escola
    Titulo del libro
    Cancodrilo vai a escola
    Nº 1
    López, Xabier
    Linteo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,90 €

  • El viejo tiburón pierde los dientes
    Antiguo
    Titulo del libro
    El viejo tiburón pierde los dientes
    Nº 62
    López López, Xabier
    Edebe
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • CANCODRILO DISFRÁZASE
    Titulo del libro
    CANCODRILO DISFRÁZASE
    Nº 6
    López, Xabier
    Linteo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    10,90 €

  • ¡Soy un perro!
    Titulo del libro
    ¡Soy un perro!
    López López, Xabier
    Edebe
    No disponible

    9,95 €

Materia en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan

  • Xornalistas con opinión 2. Vinte biografías
    Titulo del libro
    Xornalistas con opinión 2. Vinte biografías
    Varios autores
    Galaxia
    No primeiro volume de Xornalistas con opinión recollíanse autores dos séculos XIX e XX. Nesta nova xeira (ou...
    No disponible
  • Sunset Park
    Titulo del libro
    Sunset Park
    Auster, Paul
    Galaxia
    Miles Heller ten vinte e oito anos, abandonou a universidade aos vinte, despediuse dos seus pais e marchou de N...
    No disponible
  • CASTELAO. CONSTRUTOR DA NACION T.III (1940-1950)
    Titulo del libro
    CASTELAO. CONSTRUTOR DA NACION T.III (1940-1950)
    CASTELAO. ALFONSO DANIEL RODRIGUEZ CASTELAO
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    43,00 €

  • Unha alma nobre
    Titulo del libro
    Unha alma nobre
    Uhlman, Fred
    Galaxia
    Esta novela pódese ler en forma independente, pero tamén como continuación de Reencontro. Os protagonistas v...
    No disponible
  • Camiño andado
    Titulo del libro
    Camiño andado
    Nº 6
    Fernández Del Riego, Francisco
    Galaxia
    LETRAS GALEGAS 2023 Camiño andado é unha autobiografía e a crónica dun tempo, dunha xeración e dunha ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,30 €