As cartas do destino.

As cartas do destino.

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887913
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-791-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
MEMORIA

21,20 €

IVE incluído
Comprar

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da  vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro  no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Materia en Libreria Wodan

  • El sendero de la sal
    Titulo del libro
    El sendero de la sal
    Winn Raynor
    Capitan swing libros
    En pocos días, Raynor se queda sin casa, sin trabajo y descubre que su  marido de 32 años sufre una enfermeda...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Meditaciones Y Los Dias, Las.
    Titulo del libro
    Meditaciones Y Los Dias, Las.
    Jaen, Pedro
    De la torre
    Quien lea atentamente este libro descubrirá que, en el fondo, de lo que él trata es de la alegría. Ésta es ...
    No disponible
  • Bajo zarpas de la quimera
    Antigo
    Titulo del libro
    Bajo zarpas de la quimera
    Nº 036
    Westphalen, Emilio Adolfo
    Alianza
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    17,50 €

  • El cuaderno de Blas Coll
    Titulo del libro
    El cuaderno de Blas Coll
    Nº 891
    Eugenio Montejo
    Pre-textos
    Blas Coll y los colígrafos son un brillante homenaje que Montejo rinde  a la herencia de las vanguardias evita...
    No disponible
  • Vida de santa Oria
     IBD
    Titulo del libro
    Vida de santa Oria
    Nº 10
    Berceo, Gonzalo de
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    6,24 €

Galaxia en Libreria Wodan

  • Arrieiros somos
    Titulo del libro
    Arrieiros somos
    Nº 160
    Riós, Rubén
    Galaxia
    O 14 de marzo do ano 2020 unha pandemia obrigounos a pecharnos nos nosos fogares. Eu decidín pasar ese tempo c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,70 €

  • Cambia o conto
    Titulo del libro
    Cambia o conto
    Nº 42
    Música Miúda
    Galaxia
    Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrasta malvada... ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,90 €

  • Cartas marcadas
    Titulo del libro
    Cartas marcadas
    Queipo, Xavier
    Galaxia
    As Cartas marcadas, de Xavier Queipo non teñen nada que ver coa idea de "xogar con avantaxe" senón co concept...
    No disponible
  • O armiño dorme
    Titulo del libro
    O armiño dorme
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Galaxia
    Premio Raíña Lupa 2002. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, fer...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,10 €

  • Obras Castelao T.VI
    Titulo del libro
    Obras Castelao T.VI
    Castelao
    Galaxia
    Este tomo ofrece 274 cartas -186 delas inéditas- do epistolario de Castelao. E así a escolma máis ampla de c...
    No disponible