As cartas do destino.

As cartas do destino.

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887913
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-791-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
MEMORIA

21,20 €

IVA incluido
Comprar

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da  vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro  no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Materia en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan

  • Ke-Tumba Ke-Tamba
    Titulo del libro
    Ke-Tumba Ke-Tamba
    Quintiá, Xerardo
    Galaxia
    Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é  ben sabido, son un pobo de feroces gu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,40 €

  • Poesia galega completa de Xosé María Díaz Castro
    Titulo del libro
    Poesia galega completa de Xosé María Díaz Castro
    Díaz Castro, X. María
    Galaxia
    Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra máis ampla do que adoita considerarse, pero durante moito tempo ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    31,90 €

  • O son das ondas. Mendiño, Martín Códax, Johán de Cangas
    Titulo del libro
    O son das ondas. Mendiño, Martín Códax, Johán de Cangas
    Monteagudo, Henrique
    Galaxia
    O libro dedica unha especial atención ós tres poetas da ría de Vigo, Mendiño, Martín Códax e Johán de Ca...
    No disponible

    8,70 €

  • Diorama
    Titulo del libro
    Diorama
    Nº 105
    Carou, José
    Galaxia
    A primeira noite que durmimos na casa do faro, espertei co zunido das hélices na procura de sobreviventes. Os ...
    No disponible
  • Mar de mazá
    Titulo del libro
    Mar de mazá
    Nº 16
    Ribeiro Tobío, Elvira
    Galaxia
    Se vés canda min heiche de amosar os segredos todos que atesoura o mar. Se segues o son de...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €