A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADURÍA?
 IBD

A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADURÍA?

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872788
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8487-278-8
Páxinas:
179
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

16,00 €

IVE incluído
Comprar

Asistimos, aínda con incredulidade, a un proceso de desmantelamento do  servizo público de educación a través dunha acción política que combina a aplicación de medidas de restrición económica con propostas normativas de carácter contrarreformista. Aqueles "axustes" aparentemente coxunturais revélanse omo elementos primarios dunha mudanza estrutural no ámbito da educación, que pon en perigo os dereitos e as aspiracións da cidadanía nun horizonte de maior xustiza social.
Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao paso con datos e argumentos que cuestionen as accións e o discurso dominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta non só defensiva, ao pairo do que vén -ou da que está caendo- senón co propósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunha liña propositiva e aberta ao debate educativo e social.
Na balbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e  inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa da envergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadas mudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, as distintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foco naqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da acción contrarreformista.
Trátase dunha obra colectiva que pretende axudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol da conquista democrática que representa a educación pública.

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • FIN DE FESTA
     IBD
    Titulo del libro
    FIN DE FESTA
    Diana Varela Puñal
    Laiovento (ibd)
    Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do que non se fala non existe, quen ?existe?? N...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    8,00 €

  • VIDAS CULPÁBEIS.O controlo neoliberal do crime
     IBD
    Titulo del libro
    VIDAS CULPÁBEIS.O controlo neoliberal do crime
    Borxa Colmenero Ferreiro
    Laiovento (ibd)
    As instituições de encerramento prototípicas da sociedade disciplinar, tais como a fábrica, a escola o...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • O restos do franquismo en Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    O restos do franquismo en Galiza
    Mauel Monge González
    Laiovento (ibd)
    Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquista...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • Un pintor que sabía o que facía.
     IBD
    Titulo del libro
    Un pintor que sabía o que facía.
    Carlos L. Bernárdez
    Laiovento (ibd)
    Un pintor que sabía o que facía.Achegas á obra pictórica de Luís Seoane.Recóllense neste volume catro ens...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,59 €

  • Arredor de Castelao no século XXI
     IBD
    Titulo del libro
    Arredor de Castelao no século XXI
    Nº 456
    García Negro, María Pilar
    Laiovento (ibd)
    Arredor de Castelao no século XXI é unha reedición dun clásico imprescindible, publicado orixinalmente en 2...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €