Un pintor que sabía o que facía.
 IBD

Un pintor que sabía o que facía.

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873068
Ano de edición:
Materia
PINTURA, ESCULTURA, DANZA E TEATRO
ISBN:
978-84-8487-306-8
Páxinas:
100
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

13,59 €

IVE incluído
Comprar

Un pintor que sabía o que facía.
Achegas á obra pictórica de Luís Seoane.


Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectos
da obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910  - A Coruña, 1979).
Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como  o estilo creado e
desenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito dun
traballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidade
internacional para a partir desta construír os alicerces dunha pintura
profundamente galega, e que se  sitúa fortemente inserida nos valores
da tradición occidental, á que se achega con intenso rigor.

En contraposición co costumismo dominante en moitos pintores
galegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos  impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo.

Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunha
elaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematización
das figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste de
cores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade.

Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura,
o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulos
máis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • O escándalo do léxico galego.
     IBD
    Titulo del libro
    O escándalo do léxico galego.
    Carlos Garido
    Laiovento (ibd)
    Título: O escándalo do léxico galego.Subtítulo: Análise da sua lastimosa degradaçom histórica e denúnci...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    34,95 €

  • BANQUEIROS
     IBD
    Titulo del libro
    BANQUEIROS
    VV.AA - Francisco Pillado Mayor (Coord.)
    Laiovento (ibd)
    Parece evidente que, cando falamos de "crise", estamos a empregarun vulgar eufemismo tras o que se agacha un ca...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
     IBD
    Titulo del libro
    Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
    Isabel Rodríguez Mate
    Laiovento (ibd)
    Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminaciÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • Entre a memoria e o esquecemento
     IBD
    Titulo del libro
    Entre a memoria e o esquecemento
    Nº 485
    Acevedo López, Guiomar
    Laiovento (ibd)
    Subtítulo: Unha visión do pasado español dendeo exilio republicano  en MéxicoA autora, especializada en est...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • Autogoberno e Sistemas de Financiamenro
     IBD
    Titulo del libro
    Autogoberno e Sistemas de Financiamenro
    Xosé Díaz Díaz
    Laiovento (ibd)
    Autogoberno e Sistemas de Financiamento.O papel da Nación Galega, de Xosé DíazPretendemos presentar dun xeit...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €