(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páxinas:
226
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

29,00 €

IVE incluído

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan

  • A fuga de Guillermo
    Titulo del libro
    A fuga de Guillermo
    Nº 246
    Villar Janeiro, Helena
    Galaxia
    Hai personaxes tan vivos, tan vivos, tan vivos... que saen dos libros e comezan a vivir por fóra das páxinas....
    No disponible
  • Adiós, María
    Titulo del libro
    Adiós, María
    Torres Fernández, Xohana
    Galaxia
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia que destaca pola firme  caracterización dos personaxes. Na n...
    No disponible

    14,00 €

  • Harry Potter e a pedra filosofal
    Titulo del libro
    Harry Potter e a pedra filosofal
    Rowling, J. K.
    Galaxia
    Harry Potter quedou orfo no momento mesmo do seu nacemento e vive cuns  tíos e un curmán que non o tratan dem...
    No disponible

    13,50 €

  • Monstruario Fantástico
    Titulo del libro
    Monstruario Fantástico
    Perucho, Joan
    Galaxia
    Obra moi imaxinativa onde se integran doadamente historia, poesía e erudición documental. ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,50 €

  • A FRAGA DO MEU AVÓ
    Titulo del libro
    A FRAGA DO MEU AVÓ
    Nº 38
    Mama Cabra
    Galaxia
    A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente qu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €