(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

29,00 €

IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan

  • O Museo da Inocencia
    Titulo del libro
    O Museo da Inocencia
    Pamuk, Orhan
    Galaxia
    Kemal, fillo dunha familia rica da cidade de Istambul, reúne os obxectos que lle lembran a Füsun, unha humild...
    No disponible
  • Comedia bífida
    Titulo del libro
    Comedia bífida
    Núñez Singala, Manuel
    Galaxia
    Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a medi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,15 €

  • Eva tomando o sol
    Titulo del libro
    Eva tomando o sol
    Nº 519
    Castro, Francisco
    Galaxia
    Un famoso escritor retírase ao rural galego coa idea de rematar alí os  seus días. O que non espera é que o...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,80 €

  • Cruceiro de verán
    Titulo del libro
    Cruceiro de verán
    Capote, Truman
    Galaxia
    Unha novela escrita en 1943 na que o autor norteaméricano traballaría durante unha década para, finalmente, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,75 €

  • Morgana en Esmelle
    Titulo del libro
    Morgana en Esmelle
    Caamaño, Begoña
    Galaxia
    Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Te...
    No disponible