O voluntariado social

O voluntariado social. Un camiñar compartido

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026571
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8302-657-1
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

19,50 €

IVA incluido

Neste tempo de recoñecemento do voluntariado, o autor propón nun mesmo  texto ensaístico un manifesto a prol do voluntariado, unha análise crítica deste fenómeno, unha caixa de ferramentas para animadores e responsables de voluntariado, e, se non abondase, unha achega conceptual novidosa sobre o pensamento social en Galicia. Unha obra con vontade explícita de intervención que ao mesmo tempo que ilusiona critica; unha obra ao tempo instrumental e teórica sobre o voluntariado social concibido e pensado dende Galicia como unha achega  necesaria a un proxecto de humanización da convivencia planetaria. Unha proposta ética sobre un camiño posible para a humanización da convivencia.González Avión propón nesta segunda entrega da serie XERAIS ENSAIO, bebendo das fontes da democracia cristiá, da socialdemocracia e das novas ideas da democracia radical e participativa, unha reflexión crítica sobre a natureza e sobre a articulación social do voluntariado, sexa en relación ao Estado e ao Mercado, sexa na correlación entre as organizacións e as persoas, reparando en diversoas aspectos desta práctica socialmente transformadora: a sensibilización, a convocatoria, a acollida, a maduración persoal e grupal, a formación e sobre todo a profundización  sobre a experiencia e as relacións interpersoais. E esta crítica a realiza González Avión dende o marco apaixonado do compromiso persoal e social: un paixón que nos leve a comprometer a vida e a procurar a xustiza.

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • O bandido Casanova
    Titulo del libro
    O bandido Casanova
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casa...
    No disponible

    19,50 €

  • Que ica!
    Titulo del libro
    Que ica!
    Igerabide, Juan Kruz
    Xerais
    ¿Vistes algunha vez unha nena coa pel de cor laranxa? Iso é porque non  coñecedes a protagonista deste conto...
    No disponible

    3,05 €

  • Galicia
    Titulo del libro
    Galicia
    Murguía, Manuel
    Xerais
    Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de O...
    No disponible

    53,90 €

  • Intimidación
    Titulo del libro
    Intimidación
    Colectivo Maiakovski
    Xerais
    Que nos intimida ante o que vai acontecer? Que medo acirra os latexos dos nosos corazóns? Que alento xélido l...
    No disponible
  • Bieito Dubidoso
    Titulo del libro
    Bieito Dubidoso
    Cameselle, Roque
    Xerais
    Bieito Dubioso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do re...
    No disponible

    17,60 €