Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

53,90 €

IVA incluido

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • COMPAS 3O.COÑECEMENTO MEDIO XERCOÑ
    Titulo del libro
    COMPAS 3O.COÑECEMENTO MEDIO XERCOÑ
     
    Xerais
    No disponible

    20,50 €

  • Guía de Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007
    Titulo del libro
    Guía de Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007
    Sumilleres Gallaecia
    Xerais
    Esta Guía de Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007, preparada pola Asociación de Sumilleres Gall...
    No disponible

    26,80 €

  • A aventura de Xanzolo
    Titulo del libro
    A aventura de Xanzolo
    Rodríguez Ferrer, Anxeles
    Xerais
    No disponible

    7,40 €

  • A morriña das balas
    Titulo del libro
    A morriña das balas
    Díaz Díaz, Xosé
    Xerais
    John Ribera, logo de atravesar o deserto fuxindo dunha gavela de ladróns comandada por Samuel Flanagan, chega ...
    No disponible

    12,00 €

  • As andoriñas
    Titulo del libro
    As andoriñas
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €