Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
idioma:
GALEGO
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

53,90 €

IVA inclòs

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Xerais a Libreria Wodan

  • XEOLOXIA.COU/2O.LOGSE.SINTESE E DOCUMENTOS
    Titulo del libro
    XEOLOXIA.COU/2O.LOGSE.SINTESE E DOCUMENTOS
    J.LILLO
    Xerais
    No disponible

    18,99 €

  • Amor en alpargatas
    Titulo del libro
    Amor en alpargatas
    Nº 364
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    Amor en alpargatas non é unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta novela p...
    No disponible

    19,50 €

  • Astérix e os godos
    Titulo del libro
    Astérix e os godos
    Goscinny, René Uderzo, Albert
    Xerais
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada po...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Inmigración/Emigración na LIX
    Titulo del libro
    Inmigración/Emigración na LIX
    AA.VV
    Xerais
    Os membros da Red Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iber...
    No disponible
  • Antoloxía
    Titulo del libro
    Antoloxía
    Ferreiro Míguez, Celso Emilio
    Xerais
    Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é unha das voces máis poderosas, eficaces e emocionantes da nosa poesía co...
    No disponible

    10,00 €