Cumes Torboentos
 IBD

Cumes Torboentos

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876502
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8487-650-2
Páginas:
382
Idioma:
CASTELLANO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

"Wuthering Heights"" ou "Cumes Torboentos", na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas.
A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes.
É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un  modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, "Cumes Torboentos" non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os  seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos.
"Cumes Torboentos" é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • O LABIRINTO DA SAUDADE
     IBD
    Titulo del libro
    O LABIRINTO DA SAUDADE
    Luís García Soto
    Laiovento (ibd)
    O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración i...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €

  • Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925)
     IBD
    Titulo del libro
    Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925)
    del Valle-Inclán Alsina, Javier
    Laiovento (ibd)
    Estas páxinas queren achegar algo de luz sobre os anos que Josefina e Valle Inclán viviron entre Galiza e Mad...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    22,89 €

  • A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb
     IBD
    Titulo del libro
    A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb
    Pablo Vaamonde García (Coord.)
    Laiovento (ibd)
    As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, r...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,00 €

  • A vontade de cambiar
     IBD
    Titulo del libro
    A vontade de cambiar
    bell hooks
    Laiovento (ibd)
    Neste libro bell hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Presé...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
     IBD
    Titulo del libro
    A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
    Leticia Eirín García
    Laiovento (ibd)
    A visión do amorno cancioneiro de Don DenisEstudo e edición de  33 cantigas de amor.Este libro parte dun corp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €