A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
 IBD

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873006
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-300-6
Páginas:
286
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

A visión do amor
no cancioneiro de Don Denis
Estudo e edición de  33 cantigas de amor.

Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas
de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales
aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico
xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos
trázase  unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco,
unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz
poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación
da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e
literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa
fi xación textual, realizada seguindo as tendencias  'neo-lachmanianas' e
outras achegas actuais e signifi cativas da  crítica textual.
O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas,
fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este
destaca tamén cualitativamente, debido á  unión nas súas composicións
da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo
diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal.
O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción
lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza
a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como
o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito
que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso
glorioso patrimonio cultural e literario

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • XAN DO ARRANALDO
     IBD
    Titulo del libro
    XAN DO ARRANALDO
    Rafael Fontoira Surís
    Laiovento (ibd)
    Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
     IBD
    Titulo del libro
    DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
    Emilio Xosé Ínsua López
    Laiovento (ibd)
    Sobre a figura do poeta Xosé Mª Díaz Castro (1914-1990), celebrada con todo dereito no Día Das Letras Galeg...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,89 €

  • As guerras.
     IBD
    Titulo del libro
    As guerras.
    Nº 462
    Bermejo Barrera, José Carlos
    Laiovento (ibd)
    A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occident...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • O que estou a dicir cando digo «Altri non».
     IBD
    Titulo del libro
    O que estou a dicir cando digo «Altri non».
    Xosé de Cea
    Laiovento (ibd)
    Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • O atraso económico de Galiza -4ªEd.
     IBD
    Titulo del libro
    O atraso económico de Galiza -4ªEd.
    Xosé Manuel Beiras Torrado
    Laiovento (ibd)
    Malia o tempo transcorrido desde a súa primeira edición, o libro do profesor Xosé Manuel Beiras segue a goza...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,90 €