As de bolboreta

As de bolboreta

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140285
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-028-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
FORA DE XOGO

13,00 €

IVA incluido

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola  indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar  o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que  agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "As de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en  breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as  vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta  é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista."

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • A rosa de cen follas
    Titulo del libro
    A rosa de cen follas
    Cabanillas, Ramón
    Xerais
    Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes  rexistros estilísticos, constitúan u...
    No disponible

    11,50 €

  • Contos de tres mundos
    Titulo del libro
    Contos de tres mundos
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Nacido a fins de 1928 na aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e residente en Cuba desde 1961, Xosé Neira...
    No disponible

    9,80 €

  • Xinfu: Múxel Attacks
    Titulo del libro
    Xinfu: Múxel Attacks
    Morgade, Adrián
    Xerais
    Un exército baixo a auga É que se volveu tolo o autor Xinfu e Wini regresan, desta vez coa responsa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Caderno profesorado ed. secundaria (2014-2015)
    Titulo del libro
    Caderno profesorado ed. secundaria (2014-2015)
     
    Xerais
    No disponible

    9,30 €

  • ¿Que te angustia Núria?
    Titulo del libro
    ¿Que te angustia Núria?
    Llobet, Glòria
    Xerais
    No disponible

    10,45 €