As de bolboreta

As de bolboreta

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140285
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-028-5
idioma:
GALEGO
Ample:
210
Alt:
130
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
FORA DE XOGO

13,00 €

IVA inclòs

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola  indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar  o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que  agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "As de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en  breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as  vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta  é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista."

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Matèria a Libreria Wodan

Xerais a Libreria Wodan

  • As pombas de Bastián
    Titulo del libro
    As pombas de Bastián
    Canosa, María
    Xerais
    Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. A...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €

  • (G)COÑECEMENTO MEDIO 1º.PRIMARIA.
    Titulo del libro
    (G)COÑECEMENTO MEDIO 1º.PRIMARIA.
    Ortoll Grífols, Carme / Galícia Gorritz, Montserrat / Oliveira, Alicia
    Xerais
    No disponible

    16,75 €

  • Trampa de luz
    Titulo del libro
    Trampa de luz
    Agra, Agustín
    Xerais
    Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de re...
    No disponible
  • LINGUA E LITERATURA ABAU 2019
    Titulo del libro
    LINGUA E LITERATURA ABAU 2019
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    «Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2019» é unha obra que ...
    No disponible

    12,70 €

  • XELA QUIXO SER ELA. BIOGRAFIA DE XELA ARIAS
    Titulo del libro
    XELA QUIXO SER ELA. BIOGRAFIA DE XELA ARIAS
    CASTAÑO,YOLANDA
    Xerais
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €