Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páxinas:
224
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

18,45 €

IVE incluído

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en Libreria Wodan

  • Dicionario Ortográfico da Lingua Galega
    Titulo del libro
    Dicionario Ortográfico da Lingua Galega
    Feixó Cid, Xosé
    Xerais
    O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeir...
    No disponible

    34,50 €

  • Emigrantes, caciques e indianos
    Titulo del libro
    Emigrantes, caciques e indianos
    Núñez Seixas, Xosé Manuel
    Xerais
    No disponible

    24,75 €

  • Imaxes na penumbra
    Titulo del libro
    Imaxes na penumbra
    Sendón Trillo, Manuel
    Xerais
    Nos anos cincuenta dáse en Galicia un desenvolvemento da fotografía non profesional como nunca existira ata e...
    No disponible

    31,95 €

  • O sombreiro Chichiriteiro
    Titulo del libro
    O sombreiro Chichiriteiro
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • A vida encaixa
    Titulo del libro
    A vida encaixa
    Eugène
    Xerais
    Se os adultos respondesen a todos os interrogantes dos nenos, que sucedería?... Unha mañá o pai de Sachinka ...
    No disponible

    8,50 €