Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páxinas:
288
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Amor de tango
    Titulo del libro
    Amor de tango
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represiÃ...
    No disponible

    19,50 €

  • (12).CADERNO LINGUA GALEGA 4º.ESO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (12).CADERNO LINGUA GALEGA 4º.ESO (XERAIS)
    Orizales Orizales, Emiliano / Orizales Iglesias, Noa / López Martínez, Pilar
    Xerais
    No disponible

    10,10 €

  • Recambio dietario 2010
    Titulo del libro
    Recambio dietario 2010
     
    Xerais
    No disponible

    9,90 €

  • Faísca, a nena neandertal
    Titulo del libro
    Faísca, a nena neandertal
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Chispas de Quesada
    Titulo del libro
    Chispas de Quesada
    Quesada
    Xerais
    O presente volume, Chispas de Quesada, constitúe unha antoloxía de máis de duascentas viñetas, da colaborac...
    No disponible

    21,95 €