Romanceiro en lingua galega

Romanceiro en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027547
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-754-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVE incluído

Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco.  Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros  romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco.  Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias de literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Galicia
    Titulo del libro
    Galicia
    Fernández Del Riego, Francisco
    Xerais
    Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou p...
    No disponible
  • Diccionario dos seres míticos galegos
    Titulo del libro
    Diccionario dos seres míticos galegos
    Reigosa, Antonio / Miranda Ruiz, Xosé / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade d...
    No disponible

    43,30 €

  • As vaidosas agonías
    Titulo del libro
    As vaidosas agonías
    Alonso, Xurxo
    Xerais
    «As vaidosas agonías», título en que se recolle unha epígrafe de Gesualdo Bufalino, é un poemario que agr...
    No disponible
  • CALENDARIO XERAIS 2019
    Titulo del libro
    CALENDARIO XERAIS 2019
    Suárez, José
    Xerais
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que  inclúe festivos e fases da lúa) con ...
    No disponible

    12,50 €

  • As resonancias do amor
    Titulo del libro
    As resonancias do amor
    Philipe, Anne
    Xerais
    No disponible

    10,60 €