O lapis do carpinteiro (Edición XXV Aniversario)

O lapis do carpinteiro (Edición XXV Aniversario)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823913
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-391-3
Páxinas:
184
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

39,15 €

IVE incluído

O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas é a novela galega contemporánea  máis apoiada polos lectores. Publicada en 1998, dende entón, conta con dezanove edicións e case setenta mil exemplares vendidos en lingua  galega, ademais de constituír a obra máis traducida da literatura galega (ata agora a dezaseis linguas) e ser adaptada ao cine por Antón  Reixa e ao teatro polo grupo Sarabela. Esta nova edición, dentro da colección "Xerais. Os libros do XXV aniversario", ilustrada polo pintor Xosé Luís de Dios e correxida e actualizada definitivamente polo autor, constitúe polas súas características e acabamentos un acontecemento na edición en lingua galega.
 O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega aos nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e graza de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
 Unha novela que constitúe o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Unha novela excepcional que coa presente edición ilustrada ficará no lector gravada como un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

  • En salvaxe compaña
    Titulo del libro
    En salvaxe compaña
    Rivas, Manuel
    Xerais
    No disponible

    13,60 €

  • Luzes nº142
    Titulo del libro
    Luzes nº142
    Pereiro, X.M. / Rivas, Manuel
    Revista luzes
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,00 €

  • Luzes nº87
    Titulo del libro
    Luzes nº87
    Pereiro, X.M. / Rivas, Manuel
    Revista luzes
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,00 €

  • As voces baixas
    Titulo del libro
    As voces baixas
    RIVAS, MANUEL
    Xerais
    Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas?...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €

  • Muller no baño
    Titulo del libro
    Muller no baño
    Rivas, Manuel
    Xerais
    No disponible

    17,25 €

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan