O Estatuto de Galicia

O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029756
ISBN:
978-84-8302-975-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

33,25 €

IVE incluído

"O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do "Estatuto de Galicia", un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade.  Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica  como dende a análise politolóxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos  poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo  intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina "bloque de constitucionalidade". O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala "a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano".

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Lingua probas de selectividade
    Titulo del libro
    Lingua probas de selectividade
    Cid Deus, Fernando / Lousado Duro, Ana / Santorum López, Gracia
    Xerais
    No disponible

    7,75 €

  • FARIÑA
    Titulo del libro
    FARIÑA
    CARRETERO, NACHO
    Xerais
    Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na déc...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,95 €

  • Ninguén morreu de ler poesía
    Titulo del libro
    Ninguén morreu de ler poesía
    Aldaolado
    Xerais
    Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • (G).(03).ECONOMIA 1º.LOGSE BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(03).ECONOMIA 1º.LOGSE BACHARELATO
    Corbalán, Carmen / Otero, Concepción
    Xerais
    No disponible

    23,50 €

  • A Cabeza de Medusa
    Titulo del libro
    A Cabeza de Medusa
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os dí...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €