Nas catacumbas

Nas catacumbas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482888026
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-802-6
Páxinas:
424
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
LITERARIA

19,50 €

IVE incluído
Comprar

Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino dende o punto de vista dunha das minorías relixosas máis esquecidas, a dos protestantes galegos. Logo da publicación de Entre fronteiras, primeira parte da triloxía, coa que cubría o período da Segunda República e da guerra, Nas catacumbas iníciase co remate da contenda e prosegue durante os anos corenta. Unha época marcada polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo ou as brutalidades dos fascistas na persecución de protestantes e fuxidos. A través dos ollos do protagonista, un protestante que logo de loitar na fronte bélica tenta  recuperar unha vida normal sen renunciar á súa relixión, Alcalá traza  con man firme o relato novelesco dunha realidade histórica inesquecible, Nas catacumbas configúrase dese xeito como a novela da posguerra, un período pouco presente na narrativa galega contemporánea  e que nesta obra adquire unha presenza contundente. Xavier Alcalá anuncia xa a conclusión da súa trioloxía narrativa coa que será a terceira entrega, a novela que se titulará Unha falsa luz. Cada unha das tres novelas do ciclo mantén unha autonomía considerable, sen perder a coherencia dunha obra pensada para relatar as vicisitudes dun  grupo humano con características propias, o dos evanxélicos galegos.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

  • Voltar
    Titulo del libro
    Voltar
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    A historia tráxica de seis personaxes perdidos no ambiente engulidor dunha gran cidade, que ven na volta á Ga...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,00 €

  • Fábula
    Titulo del libro
    Fábula
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    14,14 €

  • Fábula
    Titulo del libro
    Fábula
    Alcalá Navarro, Francisco Xavier
    Pulp books
    Fábula es la historia -real- de una venganza, que resume una frase: "Para que sepas en carne propia lo que es ...
    No disponible

    19,00 €

  • Verde Oliva
     IBD
    Titulo del libro
    Verde Oliva
    Xavier Alcalá
    Ediciones nowtilus
    La revolución cubana fue un alzamiento interclasista y orientado a democratizar la isla, las vivencias de una ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    22,95 €

  • (g).a nos cinza.(biblioteca xavier alcala)
    Titulo del libro
    (g).a nos cinza.(biblioteca xavier alcala)
    Alcala, Xavier
    Galaxia
    Unha das obras máis populares da narrativa galega é "A nosa cinza". Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relemb...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,00 €

Materia en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan