Lourizán

Lourizán. A pantasma de Lourizán

Nº:
10
Editorial:
Elvira editorial
EAN:
9788412800616
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-128006-1-6
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
HISTORIAS COÑECERMOS PONTEVEDRA

11,00 €

IVE incluído
Comprar

O Pazo de Lourizán representa unha historia de esplendor e ao mesmo tempo de abandono. A comezos do século xx Eugenio Montero Ríos, presidente do consello de ministros en 1905, durante o reinado de Alfonso XIII, encargou ao arquitecto Jenaro de la Fuente a construción do actual pazo para a súa residencia de verán. Nos seu cuartos, hospedáronse persoeiros da política e cultura do país. Alí firmouse o Tratado de París, onde se cederon as derradeiras colonias do imperio español. O feito marcaría un período de crise, que semellaba o futuro declive do pazo. Co tempo, a finca foise ampliando e reformando ata se converter nun fermoso xardín declarado Ben de Interese Cultural. Nel crecen moitas das especies vexetais senlleiras de Galiza da man do Centro de Investigación Forestal. Porén, o edificio modernista non correu a mesma sorte que o Xardín Botánico: hoxe érguese fachendoso pero cun poso de soidade.
 Montero Ríos puxo no mapa as parroquias de Praceres e Lourizán, trocándoas nun destino de lecer para toda a comunidade. Os marabillosos areais e a riqueza marisqueira e paisaxística do lugar sufriu, no ano 1958, a imposición franquista de reencher a baía e instalar a coñecida "celulosa" de Pontevedra, unha tacha medioambiental que é difícil de defender polos poucos réditos obtidos en comparación co que se perdeu e aínda se está a perder.
 A pantasma de Lourizán retrata a dúas voces o presente e o pasado do pazo e xardíns de Lourizán. A veciñanza aproveita a casa de baños no areal de Praceres na tempada de verán, a conversa en boca de todos é a inminente visita real á vila pontevedresa. Mentres, persoeiros da política e xentes da alta sociedade frecuentan o pazo e mesmo gozan da paisaxe e dun entorno espectacular, pero un feito inesperado racha coa rutina estival... Alberto Vilaboa

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

  • EL CAMINO DE LOS DIOSES
    Titulo del libro
    EL CAMINO DE LOS DIOSES
    Nº 00000
    CABANAS, ANTONIO
    Ediciones b
    La magistral escritura de Antonio Cabanas nos acerca a un momento histórico único: cuando el Antiguo Egipto s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,95 €

  • Dime cómo te relacionas y te diré quién eres
    Titulo del libro
    Dime cómo te relacionas y te diré quién eres
    Pablo Palmero
    Zenith
    ¿Qué lugar ocupan las relaciones en nuestra vida? Es evidente que interactuamos, pero ¿nos relacionamos con ...
    No disponible

    5,95 €

  • Salseiros
    Titulo del libro
    Salseiros
    Lista, Suso
    Embora
    No disponible
  • A PROPóSITO DE LAS MUJERES
    Titulo del libro
    A PROPóSITO DE LAS MUJERES
    GINZBURG, NATALIA
    Lumen
    A propósito de las mujeres es un volumen formado por ocho relatos de Natalia Ginzburg, algunos inéditos, con ...
    No disponible

    19,90 €

  • Fantasmas del pasado
    Titulo del libro
    Fantasmas del pasado
    Sparks, Nicholas
    Roca editorial
    Jeremy Marsh, periodista especializado en desenmascarar fraudes con apariencia de hechos sobrenaturales, viaja ...
    No disponible

    11,95 €

Elvira editorial en Libreria Wodan

  • LA IMPORTANCIA DEL PEZ CEBRA
    Titulo del libro
    LA IMPORTANCIA DEL PEZ CEBRA
    Rodríguez, María
    Elvira editorial
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,00 €

  • Prosas rotas
    Titulo del libro
    Prosas rotas
    González Balbuena, Stella Maris
    Elvira editorial
    Prosas rotas, libro en donde conviven poemas con prosas poéticas que nos introducen en las carencias, los...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,00 €

  • 2 VIAXES
    Titulo del libro
    2 VIAXES
    PATIÑO, REIMUNDO / MARIN, XAQUIN
    Elvira editorial
    O álbum gráfico 2 Viaxes, publicado por Xaquín Marín e mais Reimundo Patiño contra o ano 1975, representa ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    27,00 €

  • CABRONARIO, O (+ AL CÉSAR ENANO)
    Titulo del libro
    CABRONARIO, O (+ AL CÉSAR ENANO)
    FERREIRO, CELSO EMILIO / CAO BAO, SIL
    Elvira editorial
    Poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro, escrito en Venezuela, e prohibido en España na ditadura por i...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,00 €

  • RELATOS NA RÚA IV
    Titulo del libro
    RELATOS NA RÚA IV
    AA.VV
    Elvira editorial
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,00 €