Feministas galegas

Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140797
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-079-7
Páxinas:
392
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
CRONICA

26,95 €

IVE incluído
Comprar

Feministas galegas. Claves dunha revoluciónen marcha de Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideolóxica, como as dos anos 2000 decataríanse de que "facerse feminista" implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo no poder. O cuestionamento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía  tirar abaixo a primeira estrutura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: "o privado é político". Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna e externa que conseguiu deixar sinal. Nesta obra coral, Mónica Bar "dálles a voz" ás  protagonistas da historia e abre canles polas que poidan discorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

  • Narradoras
    Titulo del libro
    Narradoras
    Abraldes, Rita;Alfaya, An;Aneiros, Rosa;Arellano, Ana María;Bar Cendón, Mónica;Campo, Marica;Canosa, María;Casal, Uxía;Caveiro, Laura;Costas, Ledicia;
    Xerais
    Narradoras reúne relatos inéditos de 25 escritoras galegas e quere ser  o espello dun momento no que a poesí...
    No disponible

    9,30 €

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan