Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826051
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-605-1
Páxinas:
72
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
225
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

14,50 €

IVE incluído

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou  gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo  vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida  no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición  en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa  importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez. Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como "a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. E a perfección mesma".

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Augusta e os seus medos
    Titulo del libro
    Augusta e os seus medos
    Fernández Trelles, Sabela
    Xerais
    Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non  consegue que ningún se lle cumpra....
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • (Non) A todas as nenas lles gusta o rosa
    Titulo del libro
    (Non) A todas as nenas lles gusta o rosa
    Pintor, David
    Xerais
    A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalar...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Industria e innovación
    Titulo del libro
    Industria e innovación
    Vence Deza, Xavier
    Xerais
    Os coñecementos, os procesos, os productos, os mercados experimentaron  mudanzas profundas nas últimas décad...
    No disponible

    25,65 €

  • A cidade maldita
    Titulo del libro
    A cidade maldita
    Abella Chouciño, Xelucho
    Xerais
    No disponible

    7,50 €

  • As Cantigas de Santa María
    Titulo del libro
    As Cantigas de Santa María
    Fidalgo, Elvira
    Xerais
    As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra ...
    No disponible

    27,00 €