Dicionario visual

Dicionario visual

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823296
ISBN:
978-84-9782-329-6
Páxinas:
48
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
237
Alto:
308
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

20,95 €

IVE incluído

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais.  Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos  máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome. O presente "Dicionario visual", editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación  gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario  básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira. A riqueza das situacións que se representan nas escenas -protagonizadas polos membros da familia- fai que o "Dicionario visual"sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións,  o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado  para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os  elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega
    Titulo del libro
    Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega
    Mariño Paz, Ramón
    Xerais
    O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica,  morfolóxica, sintáctica, lexical...
    No disponible
  • A granxa de Simón
    Titulo del libro
    A granxa de Simón
    Lluch, Enric
    Xerais
    Na granxa de Simón hai cabalos, galiñas, patos e coellos que andan soltos polo curral. ¡Vixiade, coelliños,...
    No disponible

    6,60 €

  • Chucho Cacho
    Titulo del libro
    Chucho Cacho
    Cabana Yanes, Darío Xohán / Maldonado Suñer, Angeles
    Xerais
    Esta é a historia dun Ourizo chamado Chucho Cacho e se te metes con el  convértese nunha pelota de espiñas. ...
    No disponible

    8,15 €

  • A coroa de Napoleón
    Titulo del libro
    A coroa de Napoleón
    Jaureguizar
    Xerais
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou  do seu pai a paixón por investigar mi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Pontevedra, Terra de Montes, Deza e O Condado
    Titulo del libro
    Pontevedra, Terra de Montes, Deza e O Condado
    LAREDO VERDEJO, X.L.
    Xerais
    No disponible

    13,60 €