Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

23,35 €

IVE incluído

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais en Libreria Wodan

  • De provincia a nación
    Titulo del libro
    De provincia a nación
    Beramendi González, Justo
    Xerais
    De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evol...
    No disponible

    56,70 €

  • (G).(08).BIOLOXIA XEOLOXIA 1O.BACH.(XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).BIOLOXIA XEOLOXIA 1O.BACH.(XERAIS)
    Ferrer Martí, Natividad;García Vicente, Miguel;Medina Martínez, Manuel
    Xerais
    No disponible

    35,55 €

  • Xa vai o Griffón no vento
    Titulo del libro
    Xa vai o Griffón no vento
    Conde, Alfredo
    Xerais
    Unha novela na que o escritor de Allariz se nos amosa como o escritor que albiscabamos hai tempo. Un escritor q...
    No disponible

    9,00 €

  • Faneca brava
    Titulo del libro
    Faneca brava
    Nº 336
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. AlgÃ...
    No disponible

    20,95 €

  • Alicia no país das marabillas
    Titulo del libro
    Alicia no país das marabillas
    Carroll, Lewis
    Xerais
    A nena Alicia, caendo polo tobo dun coello vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome ...
    No disponible