Confusión e morte de María Balteira

Confusión e morte de María Balteira

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630585
Ano de edición:
ISBN:
978-84-92630-58-5
Páxinas:
144
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo  de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras  veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que  contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais  para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Baia en Libreria Wodan

  • Guía arbores de Galicia
    Titulo del libro
    Guía arbores de Galicia
    Niño Ricoi, Henrique
    Baia
    A Guía das árbores de Galicia alcanza a súa 3ª edición nunha andaina que vén cubrindo de forma exitosa un...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,40 €

  • Resina de poliéster
    Titulo del libro
    Resina de poliéster
    Nº 15
    Correa Corredoira
    Baia
    Este libro de Correa Corredoira, o meu amado pintor, é un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dig...
    No disponible
  • O lobo e a lua
    Titulo del libro
    O lobo e a lua
    Bayer Lloves, Andrea
    Baia
    Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (infantil) 2014. Un lobo ou...
    No disponible
  • A BANDA DE RAIMUNDA
    Titulo del libro
    A BANDA DE RAIMUNDA
    Nogueira, Pablo;Uhía, Manuel
    Baia
    A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar  a guitarra e cantar cancións que mov...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,52 €

  • E que vai ser?
    Titulo del libro
    E que vai ser?
    Vidal Vizcaya, Adelaida
    Baia
    Unha bebé escoita desde o inicio da súa xestación como a nai ten que responder da forma máis sorprendente a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,90 €