Chamome vermello

Chamome vermello

Nº:
30
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654561
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-456-1
Páxinas:
636
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA COMPOSTELA

Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo a consagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. E a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración do Concello de Santiago. A fins da década de 1590, o sultán de Istambul encarga en segredo un gran libro: unha homenaxe á súa vida e ao seu imperio que os mellores pintores da época deberán iluminar... á maneira dos europeos. Mais, sen que se saiba a causa, un  dos miniaturistas é asasinado. O pintor morto, foi vítima da rivalidade profesional, de celos amorosos ou do fanatismo relixioso? Alén dun misterio apaixonante, Chámome Vermello encerra unha meditación sorprendente sobre o amor, a dedicación á arte e as tensións entre o Oriente e o Occidente. Velaquí algunhas opinións da crítica internacional: "Esta novela é formalmente fantástica, ocorrente e asemade trata de cuestións fundamentais. [...] Pamuk transmite dun xeito totalmente convincente a textura emotiva, mental e  física, da vida cotiá." (Dick Davis, Times Literary Suplement) "Máis ca calquera outro libro que se me ocorra, capta non só as contradicións pasadas e actuais de Istambul, senón a súa terrible beleza atemporal. E case perfecto, noutras palabras." (Maureen Freely,  New Statesman) "Fabulosa, desconcertante, emocionante... Radicalmente  distinta á novela histórica de misterio tradicional en Occidente... E  unha novela prodixiosa, onírica, apaixonada e augusta, exótica no sentido máis orixinal." (Philo Hensher, Spectador)Unha novela maxistral

Outros libros do autor en Libreria Wodan

  • Las noches de la peste
    Titulo del libro
    Las noches de la peste
    Nº 00000
    Pamuk, Orhan
    Random house
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,90 €

  • El castillo blanco
    Titulo del libro
    El castillo blanco
    Pamuk,Orhan
    Debolsillo
    Un joven científico italiano es capturado por piratas cuando viaja de Venecia a Nápoles. Poco después es ven...
    No disponible

    7,95 €

  • El museo de la inocencia
    Titulo del libro
    El museo de la inocencia
    Nº 00408
    Pamuk, Orhan
    Mondadori
    «Un libro muy ambicioso en el que he trabajado durante más de una década. La historia tiene lugar en Estambu...
    No disponible
  • La casa del silencio
    Titulo del libro
    La casa del silencio
    Pamuk, Orhan
    Debolsillo
    Fatma, acompañada por el enano Recep, hijo ilegítimo de su difunto marido, un médico fracasado, alcohólico ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,95 €

  • Me llamo rojo
    Titulo del libro
    Me llamo rojo
    Pamuk,Orhan
    Debolsillo
    ¿Qué sucede cuando el Sultán turco encarga un libro ilustrado a la manera europea? Orhan Pamuk nacio en...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,96 €

Materia en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan