Cantigueiro de Compostela

Cantigueiro de Compostela

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411764124
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-76412-4
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
160
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

17,50 €

IVE incluído
Comprar

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos  prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon  e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan

  • Cárcere verde
    Titulo del libro
    Cárcere verde
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    Unha novela sobre a cobiza dos homes que se deixan deslumbrar polo fulgor dos diamantes e que se acaban transfo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,70 €

  • ¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida
    Titulo del libro
    ¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida
    Nº 482
    Vergara Vilariño, Fiz
    Galaxia
    Aínda que Fiz Vergara Vilariño é coñecido principalmente pola súa calidade poética, en ¿Por que Deus far...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,50 €

  • Rosalía de Castro
    Titulo del libro
    Rosalía de Castro
    Nº 3
    Lama, María Xesús
    Galaxia
    María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares gallegos, p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    27,90 €

  • Catro estacions, as
    Titulo del libro
    Catro estacions, as
    Balzola, Asun / Parramón, José María
    Galaxia
    No disponible

    4,70 €

  • A orella no buraco
    Titulo del libro
    A orella no buraco
    Queizán Vilas, María Xosé
    Galaxia
    A orella no buraco é o relato do vagar dun personaxe marxinal por unha  cidade europea. Pero ademais diso é u...
    No disponible

    9,80 €