Cantares de amigos

Cantares de amigos

Editorial:
Usc.univ.santiago compostela
EAN:
9788416533695
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-16533-69-5
Páxinas:
956
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
HOMENAXES

Catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela, a figura de Mercedes Brea constitúe un referente internacional na súa especialidade. Sobrancea, ademais, no mundo académico por distinguidos méritos tanto de xestión como de investigación. Entre outros cargos desenvolvidos, cómpre subliñar que foi vicerreitora de Profesorado, decana da Facultade de Filoloxía e directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Coordinou a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que convocou  en suxestivos proxectos comúns a medievalistas galegos especializados  en distintas áreas (filoloxía, historia medieval e historia da arte).  É cabeza e corazón do GI-1350, grupo de investigación competitivo e dinámico no que promove todo tipo de iniciativas consagradas á filoloxía e literatura románica medieval.A través dunha estreita colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades estimulada por Mercedes Brea, Galicia e a universidade compostelá téñense situado na vangarda nos estudos de lírica galega medieval, primeiro coa publicación dos dous volumes da Lírica Profana Galego-Portuguesa e, seguidamente, coa creación da Base de datos MedB,  que puxo ao dispor de toda a comunidade científica o corpus completo informatizado das cantigas profanas, proxecto no que Brea continúa a traballar de xeito infatigable e sempre con espírito innovador. O seu maxisterio callou na dirección de numerosas teses de doutoramento e, como docente vocacional preocupada pola transmisión do saber, a súa entrega e dedicación é unanimemente recoñecida por infinidade de promocións. Brillante e meticulosa, emprendedora e decidida, calculadamente ousada, paciente e xenerosa, Mercedes Brea recibe no presente volume os traballos dunha parte dos seus colegas e discípulos  como testemuño de afecto, recoñecemento e gratitude á mestra e á amiga.

Materia en Libreria Wodan

Usc.univ.santiago compostela en Libreria Wodan

  • Escribir para quen
    Titulo del libro
    Escribir para quen
    AA.VV
    Usc.univ.santiago compostela
    Poeta, dramaturga, narradora, ensaísta, xornalista de opinión, o prematuropasamento de Luísa Villalta e o tr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,00 €

  • CONCEPCION ARENAL. O VISITADOR
    Titulo del libro
    CONCEPCION ARENAL. O VISITADOR
    VV AA
    Usc.univ.santiago compostela
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,00 €

  • Tendencias actuales en el cancer oral
    Titulo del libro
    Tendencias actuales en el cancer oral
    Pérez Sayans, Mario
    Usc.univ.santiago compostela
    Pese a su elevada prevalencia y mortalidad, el cáncer oral está relativamente olvidado en las publicaciones c...
    No disponible
  • Republica (Platon)
    Titulo del libro
    Republica (Platon)
    Platon
    Usc.univ.santiago compostela
    A República é, desde moitos puntos de vista, a máis importante obra de  Platón. A conversa inicial entre SÃ...
    No disponible

    20,00 €

  • Ao Sabor Do Texto. Estudios Dedicados A Ivo Castro
    Titulo del libro
    Ao Sabor Do Texto. Estudios Dedicados A Ivo Castro
    Alvarez Blanco, Maria Rosario / Martins, Ana
    Usc.univ.santiago compostela
    Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro é unha obra coral que recolle preto dunha trintena de achega...
    No disponible