Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

29,00 €

IVE incluído

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Libreria Wodan

  • Bernardino Graña
    Titulo del libro
    Bernardino Graña
    Mera Herbello, Héitor
    Xerais
    Este libro, coordinado por Héitor Mera, publícase como homenaxe ao escritor Bernardino Graña con motivo do s...
    No disponible

    13,00 €

  • O fin dun canto
    Titulo del libro
    O fin dun canto
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como na...
    No disponible
  • Dicionario dos seres míticos galegos
    Titulo del libro
    Dicionario dos seres míticos galegos
    Cuba, Xoán R.
    Xerais
    O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralida...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    39,95 €

  • ORATORIA 1º-2ºESO
    Titulo del libro
    ORATORIA 1º-2ºESO
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    33,16 €

  • Proxecto Bolboreta
    Titulo del libro
    Proxecto Bolboreta
    Maceiras Lafuente, Andrea
    Xerais
    Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intenci...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €