As mulleres na Filosofía

As mulleres na Filosofía

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526488
Ano de edición:
Materia
FILOSOF?A
ISBN:
978-84-96526-48-8
Páxinas:
136
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Baía Ensaio

16,55 €

IVE incluído
Comprar

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre  as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon  ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a  partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.
 
 
 
 Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente  o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.

Materia en Libreria Wodan

  • ¿Quién teme a lo queer?
    Titulo del libro
    ¿Quién teme a lo queer?
    Nº 28
    MORA, VÍCTOR
    Continta me tienes
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,95 €

  • Chomsky (I)
    Titulo del libro
    Chomsky (I)
    Bricmon, Jean;Franck, Julie
    Popular
    No disponible
  • Dios a la vista
    Titulo del libro
    Dios a la vista
    Pérez de Laborda, Miguel
    Rialp
    Estudio sobre el conocimiento natural de lo divino, donde el autor aborda la creencia y el agnosticismo, propor...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €

  • LECCIÓN DE ANATOMIA
    Titulo del libro
    LECCIÓN DE ANATOMIA
    Nº 262
    KIS,D
    Acantilado editorial
    Acusado de plagio tras el éxito de Una tumba para Boris Davidovich, llevado al paroxismo por la intellige...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    26,00 €

  • EL MANQUEPIERDA, UNA FILOSOFIA
    Titulo del libro
    EL MANQUEPIERDA, UNA FILOSOFIA
    AGUILAR CARO, REYES
    Alfar ediciones
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,80 €

Baia en Libreria Wodan