ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA

ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210900
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9121-090-0
Páxinas:
360
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
165
Alto:
245
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra  e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundación do Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da  creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral,  interdisciplinar, transversal e aberta.
 " Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os  partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles a palabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos e defuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que se encontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar  da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos". X. L. MÉNDEZ FERRÍN

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Noites de papel
    Titulo del libro
    Noites de papel
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Recolle dezanove relatos, a maior parte deles breves, que foron merecedores do Premio Café Dublín de Narrativ...
    No disponible

    11,70 €

  • Os galeóns de Rande
    Titulo del libro
    Os galeóns de Rande
    Stenuit, Robert
    Xerais
    O 24 de outubro de 1702 a poderosa frota que viña de América fuxindo da rapina do corsario inglés, cargada d...
    No disponible

    12,25 €

  • A dama da luz
    Titulo del libro
    A dama da luz
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres extraños que habita...
    No disponible
  • Cociña vexetariana
    Titulo del libro
    Cociña vexetariana
    Burros, Miguel
    Xerais
    "Cociña vexetariana (As receitas do Cabaliño do Demo)" é un libro que ofrece outra maneira de entender a ali...
    No disponible

    16,30 €

  • Non o abras como unha flor
    Titulo del libro
    Non o abras como unha flor
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    "Non o abras como unha flor" compendia a obra poética de María Xosé Queizán desde comezos de 1980 ata a act...
    No disponible

    25,70 €