A-z

A-z

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820080
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-008-0
Páxinas:
184
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

13,85 €

IVE incluído

"A-Z" de Xesús Fraga é un xeito de guía sentimental de Londres, escrita dende o punto de vista dun fillo dos emigrantes de Untia, un libro protagonizado por londinienses, sexan accidentais ou vocacionais. Un monllo de relatos, de grande unidade temática, que constitúen "faragullas de lembranzas", memoria vivificada do traballo dos emigrantes galegos que hai trinta e cinco anos viaxaron a capital británica. Para Xesús Fraga "Londres é unha gran aldea formada por outras máis cativas, non necesariamente coincidentes xeograficamente sobre o plano dun A-Z, na que os galegos son unha máis das moitas tribos que viven ó norte e ó sur do Témese. E unha aldea na que un galego comparte a cociña dun hospital con portugueses e polacos, os veciños da escaleira son colombianos e o home que vive coa amiga da mesma vila e coa que empezou a emigración é paquistaní ou exipcio". Así por este fermoso libro pasan os emigrantes que cada tarde de domingo len o seu país nas árbores dos xardíns de Kensington ou comproban o anuncio da primavera na presencia dos estalotes, alí "luvas do raposo", ou nas festas do globo de papel que organizan ás beiras do Lago de Serpentine. Un libro que desenvolve historias ou acontecementos vividos ou imaxinados sobre o plano, ese A-Z indispensable para guiarse nunha cidade de sete millóns de habitantes.  Historias como as de Faustino Caínzos, un emigrante accidental, un carterista que debeu fuxir de Untia por mor dunha vella beata que o descubriu na romaría de San Xoán de Rosa. Traballadras como América que limpa na casa de Sean Connery e que foi a única muller no mundo que lle negou un café ao propio James Bond. Estudiantes que na súa estadía londiniense aprenden a historia do graffiti ou emigrantes maiores que acoden aos locais de apostas a pendurarse do fío do seu futuro.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

  • Reo
    Titulo del libro
    Reo
    Fraga Sánchez, Xesús
    Galaxia
    Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,10 €

  • 50 recetas con moras
    Titulo del libro
    50 recetas con moras
    Fraga Sánchez, Xesús
    Alvarellos editora
    Las 50 recetas de este libro pretenden ofrecer una panorámica de los múltiples modos de utilizar en la cocina...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,00 €

  • Tute para catro
    Titulo del libro
    Tute para catro
    Fraga, Xesús
    Xerais
    De inusitada forza e unha clara vontade de facerlle pasar un agradable  momento ó lector, Tute para catro part...
    No disponible
  • O elefante branco
    Titulo del libro
    O elefante branco
    Fraga, Xesus
    Tambre-edelvives
    No disponible
  • Solimán
    Titulo del libro
    Solimán
    Fraga, Xesús
    Xerais
    "Solimán" relata, cunha ollada irónica e tenra, as vidas dos rapaces que medraron a cabalo dos setenta e dos ...
    No disponible

    19,50 €

Xerais en Libreria Wodan

  • A malvada María Xosé
    Titulo del libro
    A malvada María Xosé
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns can...
    No disponible

    9,95 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    Titulo del libro
    CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    Méndez Ferrín, X.L.
    Xerais
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva h...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €

  • caderno traballo lingua galega 4º eso 2016
    Titulo del libro
    caderno traballo lingua galega 4º eso 2016
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    10,30 €

  • FORMIGAS NOS PÈS
    Titulo del libro
    FORMIGAS NOS PÈS
    Nº 451
    López, Nazaret
    Xerais
    " Formigas nos pés " é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

  • STREET POEMS
    Titulo del libro
    STREET POEMS
    Nº 68
    Alonso, Fran
    Xerais
    Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a fres...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €