A viaxe de meu pai

A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411105019
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-10501-9
Páxinas:
512
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua

22,95 €

IVE incluído
Comprar

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a  perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non  é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que  condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica,  contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a  Guerra Civil española.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Rosalía 21
    Titulo del libro
    Rosalía 21
    Angueira, Anxo
    Xerais
    O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anx...
    No disponible

    24,25 €

  • O GRUPO
    Titulo del libro
    O GRUPO
    Alfaya, An
    Xerais
    Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías que...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Lembranzas dun mestre subversivo
    Titulo del libro
    Lembranzas dun mestre subversivo
    Medina Dacasa, Xacobe
    Xerais
    Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en lon...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Etceteramente
    Titulo del libro
    Etceteramente
    De Toro, Xelís
    Xerais
    Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha ob...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    25,50 €

  • A cidade branca
    Antigo
    Titulo del libro
    A cidade branca
    Lorenzo Tomé, Xosé
    Xerais
    ' ' Hoxe un silencio xelado envólveme.Só de cando en  cando un paxaro atrévese a penetrar ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,25 €