A retirada de sir John Moore

A retirada de sir John Moore

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027721
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-772-1
Páxinas:
48
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
COMICS

15,55 €

IVE incluído

Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse  á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da  arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema.A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da  peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade  da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros.  O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se  impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter  mesmo no fragor da batalla de Elviña.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

  • Bufiño
    Titulo del libro
    Bufiño
    Nº Novas Le
    300
    Hercules ediciones
    Por culpa do traveso xene Viravolta herdado da tátara-tátara-tátara-ta taravoa Romilda, todas as noites Bufi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,90 €

  • El Principito en versión infantil
    Titulo del libro
    El Principito en versión infantil
    AA.VV
    La coccinella
    No disponible

    10,50 €

  • La zona envenenada
    Titulo del libro
    La zona envenenada
    Nº 78
    Doyle, Arthur C.
    Anaya
    Este volumen presenta tres relatos protagonizados por el excéntrico personaje del profesor Challenger. En &quo...
    No disponible

    11,95 €

  • El talisman del tigre
    Titulo del libro
    El talisman del tigre
    Nº 2IJIIFBE
    Berkeley, Jon
    Ediciones b
    Miles Wednesday descubre su vínculo familiar con el mágico Talismán del Tigre, que desde que él tiene memor...
    No disponible

    16,00 €

  • Desfile de animales
    Titulo del libro
    Desfile de animales
    The Templar Company
    Edelvives
    No disponible

    17,50 €

Xerais en Libreria Wodan