A prensa en Galicia na transición

A prensa en Galicia na transición

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210689
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-068-9
Páxinas:
528
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRóNICA

Que papel xogou a prensa galega durante a Transición política? Foi por  diante ou por detrás da sociedade? Que posición adoptou ante a reivindicación dunha autonomía de primeiro nivel para Galicia? A Transición configúrase como o momento fundacional do sistema democrático vixente, da actual organización política e da estrutura socioeconómica; tamén da estrutura de medios. Todos eles postos en cuestión recentemente nunha crise ligada ao esgotamento desa estrutura  fundacional.
 Os xornais son a testemuña do seu tempo e, á vez, unha ferramenta fundamental para darlle forma. Ao longo da Transición, a prensa serviu  de escenario para a loita entre varios proxectos de sociedade e, en maior ou menor grao, foi escaparate das ansias de cambio. A iso contribuíu a chegada ás redaccións dunha nova xeración de xornalistas que, grazas a unha liberdade da que hoxe carecerían na maior parte das  empresas, sinalaron un camiño para a democratización do país e tamén para as demandas de autogoberno.
 En A prensa en Galicia na Transición, Marcos Pérez Pena realiza un minucioso percorrido polos principais acontecementos sociopolíticos da  época para recoñecer o papel determinante dos xornais no seu desenvolvemento. Moitas cousas mudaron despois, a partir de 1980, unha  vez consolidado o proceso de Transición e fixados os límites do consenso. Tamén nos medios, onde os xornalistas viron moi limitada a súa autonomía.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Volverás, golfiño
    Titulo del libro
    Volverás, golfiño
    Nº 239
    Maceiras Lafuente, Andrea
    Xerais
    A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán é...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Perigo vexetal
    Titulo del libro
    Perigo vexetal
    Caride, Ramón
    Xerais
    E unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €

  • Un animal chamado néboa
    Titulo del libro
    Un animal chamado néboa
    Costas, Ledicia
    Xerais
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que po...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • Viaxe ao País dos Ananos
    Titulo del libro
    Viaxe ao País dos Ananos
    Ferreiro, Celso Emilio
    Xerais
    "Viaxe ao País dos Ananos" de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque qu...
    No disponible
  • Sarmiento, un intelectual ilustrado
    Titulo del libro
    Sarmiento, un intelectual ilustrado
    Allegue, Pilar
    Xerais
    A excelente obra de Pilar Allegue é unha importantísima aportación sobre a figura á que se lle dedica o Dí...
    No disponible

    6,70 €