A muller de lona

A muller de lona

Nº:
415
Editorial:
Laiovento, s.l.
EAN:
9788484875840
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-8487-584-0
Páxinas:
238
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Narrativa

O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as  relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento. Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o  que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que  procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

  • LIBRO DE CORAZÓN
    Titulo del libro
    LIBRO DE CORAZÓN
    Utrillas, Ángel
    Bohodon
    No disponible
  • Las lágrimas de San Lorenzo
    Titulo del libro
    Las lágrimas de San Lorenzo
    Llamazares, Julio
    Alfaguara
    Una emocionante historia sobre los paraísos e infiernos perdidos  -padres e hijos, amantes y amigos, encuentro...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    18,90 €

  • PIERRE Y JEAN
    Antigo
    Titulo del libro
    PIERRE Y JEAN
    MAUPASSANT, GUY DE
    Editorial juventud
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,02 €

  • Juntacadaveres fg
    Titulo del libro
    Juntacadaveres fg
    Onetti, Juan Carlos;Marías, Javier
    Punto lectura
    Juntacadáveres narra la aventura de este personaje del mítico territorio onettiano de Santa María, cuando em...
    No disponible

    8,95 €

  • ¿DE QUE ESTÁ HECHA UNA MANZANA?
    Titulo del libro
    ¿DE QUE ESTÁ HECHA UNA MANZANA?
    Oz, Amos
    Siruela
    El libro más personal de uno de los grandes intelectuales de nuestro tiempo.    «Este vol...
    No disponible

Laiovento, s.l. en Libreria Wodan