A modelo de Paco Asorei

A modelo de Paco Asorei

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028346
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-834-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

17,40 €

IVE incluído

Publicada por vez primeira no ano 1933 pola editorial Nós de Anxel Casal, A modelo de Paco Asorei é unha peza romántica e sentimental, ambientada na Compostela de inicios do século XX, que relata unha apaixonada historia amorosa entre o xove estudiante Diego de Longarela  e a poeta ourensá Lucinda de Gundisal. Con anterioridade, fragmentos da parte inicial do libro foran aparecendo por entregas no semanario El País Gallego, que o seu autor, Xoán Xesús González, fundara en 1927.A acción da novela céntrase na idílica relación sentimental que manteñen os dous mozos ao longo de dous intensos meses que ela pasa en  Compostela. Chegan mesmo a facer un xuramento de mutua fidelidade ao xeito peculiar da literatura romántica, neste caso coa Virxe da Corticela como testemuña. Precisamente no ambiente compostelán prodúcese o feito que dá título á novela: a decisión de que o escultor  Paco Asorei faga un busto da moza. Elemento que en principio puidera parecer anecdótico pero que para o autor terá un profundo sentido simbólico no relato. Desde o momento en que o escultor comeza a obra nace no protagonista unha nova visión da súa amada, que se lle presenta como máis sensual, mesmo erótica. A obra escultórica nunca chegaría a estar completamente rematada debido a múltiples interrupcións provocadas por unha especie de ciñumes que a protagonista chega a sentir pola súa propia imaxe en xeso, e que lle provocarán constantes indisposicións. A ruptura do pacto amoroso por parte da moza, que acaba accedendo, ante as presións familiares, a casar cun adiñeirado mozo ao que non ama, provoca que Diego se abstraia da realidade e renuncie por completo ao amor por ningunha muller.A presente edición de A modelo de Paco Asorei, preparada por Marcos Seixo Pastor, pretende reactivar a figura intelectual de Xoán Xesús González, ademais de poñer a disposición do grande público a que  pode considerarse a primeira novela erótica da literatura galega.

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Praia das furnas
    Titulo del libro
    Praia das furnas
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Xerais
    No disponible

    5,41 €

  • Historia dun paraugas azul
    Titulo del libro
    Historia dun paraugas azul
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Despois de quince anos publícase a edición completa e revisada da primeira novela de Xosé Miranda, merecedor...
    No disponible

    23,25 €

  • Chamizo
    Titulo del libro
    Chamizo
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder te...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €

  • Do descontento á acción
    Titulo del libro
    Do descontento á acción
    Fernández, Concha;Sabucedo, Xosé Manuel
    Xerais
    "Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das acheg...
    No disponible

    23,00 €

  • Un robot pequeno
    Titulo del libro
    Un robot pequeno
    Martín, Paco
    Xerais
    No disponible

    5,70 €