A cor do ceo

A cor do ceo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024133
ISBN:
978-84-8302-413-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

20,60 €

IVE incluído

A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que  son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en "Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dos relatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos de Braxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, Antonio F. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M. Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e Sanaila Braxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende  a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento."

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Os Gotten
    Titulo del libro
    Os Gotten
    Nº 349
    Álvarez Cáccamo, Alfonso
    Xerais
    Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda d...
    No disponible
  • Un segredo
    Titulo del libro
    Un segredo
    Llanes Bermejo, Ana María / Villanes, Carlos
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €

  • A illa de todas as illas
    Titulo del libro
    A illa de todas as illas
    Docampo, Xabier P.
    Xerais
    A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €

  • Expediente Artieda
    Titulo del libro
    Expediente Artieda
    Rei Núñez, Luís
    Xerais
    Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega ...
    No disponible
  • 1999
    Titulo del libro
    1999
    Carlos, Helena de
    Xerais
    Para os que teñen máis de trinta anos e un pouco menos de corenta, o ano 2000 foi unha sorte de compañeiro d...
    No disponible

    14,05 €