A carreira do salmón

A carreira do salmón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027035
ISBN:
978-84-8302-703-5
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

21,95 €

IVE incluído

A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada  por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo. Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional  galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza.  Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

  • Sonámbulos
    Titulo del libro
    Sonámbulos
    De Toro, Suso
    Xerais
    "Somnámbulos" reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos t...
    No disponible
  • Morgún
    Titulo del libro
    Morgún
    Nº 70
    De Toro, Suso
    Xerais
    A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, ha...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Humildar
    Titulo del libro
    Humildar
    de Toro, Suso
    Gregal
    Humildar es una palabra de la lengua gallega y portuguesa que expresa el tornar humilde a alguien o algo. ...
    No disponible

    11,50 €

  • Tac tac tac
    Titulo del libro
    Tac tac tac
    Toro, Suso De
    Xerais
    "Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritora...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    32,95 €

  • Humildar
    Titulo del libro
    Humildar
    de Toro, Suso
    Xerais
    Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, ...
    No disponible

Xerais en Libreria Wodan