Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural
 IBD

Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872962
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-296-2
Páxinas:
222
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

16,00 €

IVE incluído
Comprar

MARXES E CENTROS
Para unha socioloxía
do camp o cultural
(Cunha entrevista ao autor:
?autoanálise, o que un vén sendo?)
Edición ao coidado de Alejandro Alonso Nogueira,
Arturo Casas, Manuel Forcadela, Teresa López,
Laurence Malingret e Elias Torres Feijó

Algúns dos dez traballos de Antón Figueroa recollidos neste libro
foron publicados orixinalmente en lugares de  acceso non sempre
doado para os interesados na súa lectura ou consulta. O criterio activado
polo equipo editor para a efectuar a selección transcendeu, con
todo, tal singularidade e procurou a representatividade e o interese
específicos dos asuntos abordados desde unha perspectiva actual.
Neste sentido, pode afirmarse que os  textos aquí compilados supoñen
unha escolma fidedigna e cabal do pensamento de Antón
Figueroa e do conxunto das súas investigacións.  A súa lectura evidencia
a gran coherencia heurística, epistemolóxica e crítica ?no sentido
máis amplo do termo? que arrincaba en 1988 con Diglosia e texto e
alcanza as últimas publicacións do autor. Entre elas, Ideoloxía e autonomía
no campo literario galego (Laiovento, 2010) e ?Le processus
d?autonomisation  et l?évolution des fonctions des rapports extérieurs
dans les littératures minoritaires. Le cas galicien? (en A. Boschetti, dir.,
L?Espace culturel transnational, 2010).
Figueroa regresa nos artigos agora compilados sobre cuestións
anticipadas noutros ensaios pero faino sempre con perspectivas anovadoras
que dilatan a  especificidade analizada e contrastan a súa
entidade con novas conceptualizacións e novos fundamentos metodolóxicos,
permanentemen te sometidos a revisión e a un principio
de reflexividade. Este último atinxe ante todo ao suxeito que analiza
e describe a realidade social e cultural da que pretende dar conta.
Por isto mesmo resulta de máxima funcionalidade como peche do
volume a entrevista que o equipo editor deste volume mantivo co
profesor en torno a unha autoanálise aplicada sen restricións cronolóxicas
nin de ningunha outra índole.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)
     IBD
    Titulo del libro
    Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)
    Nº 264
    Pazos Justo, Carlos
    Laiovento (ibd)
    264 - TRAJECTORIA DE ALFREDO GUISADO E A SUA RELAÇÃO COM A GALIZA (1910-1921)Neste estudo, Carlos Pazos Justo...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Moza falangueira procura lingua materna - 2ªEd.
     IBD
    Titulo del libro
    Moza falangueira procura lingua materna - 2ªEd.
    Carys Evans-Corrales
    Laiovento (ibd)
    "O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras". Así defin...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,95 €

  • HISTORIA LITERARIA E CONFLITO CULTURAL NA GALIZA
     IBD
    Titulo del libro
    HISTORIA LITERARIA E CONFLITO CULTURAL NA GALIZA
    Isaac Lourido
    Laiovento (ibd)
    HISTORIA LITERARIA E CONFLITO CULTURAL.Bases para umha história sistemica da literatura na GalizaPrémio Ricar...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    36,00 €

  • ALÉN DA CASTA
     IBD
    Titulo del libro
    ALÉN DA CASTA
    XABIER PÉREZ DÁVILA
    Laiovento (ibd)
    ALÉN DA CASTA.Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI.A crise financeira, transformada rapi...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,60 €

  • LUÍS SEOANE EN COMPOSTELA E OUTROS ENSAIOS
     IBD
    Titulo del libro
    LUÍS SEOANE EN COMPOSTELA E OUTROS ENSAIOS
    Antón Capelán Rey
    Laiovento (ibd)
    Malia pertenceren os escritores aquí considerados a xeracións literarias diferentes, cómpre sinalarmos que n...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    22,15 €