A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
 IBD

A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873341
Ano de edición:
Materia
ECOLOX?A E MEDIO AMBIENTE
ISBN:
978-84-8487-334-1
Páxinas:
222
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

17,00 €

IVE incluído
Comprar

A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
O desenvolvemento do sector eólico en  Galiza (1995-2011)

Neste libro, a autora analiza e contrasta as políticas de fomento da enerxía eólica levadas a cabo nos principais países produtores do mundo (China, Alemaña, Estados Unidos e o Estado español), en países pioneiros (Dinamarca, Reino Unido, Francia e Holanda) e en áreas potencialmente significativas (Xapón, Lituania e América Latina), tanto en enerxía eólica terrestre como en enerxía eólica offshore.
Centra o seu estudo na caracterización do marco normativo desenvolvido en Galiza desde o ano 1995 até a actualidade, analizando as diferentes etapas en función da normativa en vigor e determinando a potencia eólica instalada en cada unha desas  etapas. Estuda de xeito pormenorizado o concurso eólico do goberno bipartito da Xunta de Galicia, así como o primeiro concurso eólico do actual goberno, definindo as principais fortalezas e debilidades de cada un. Ademais, presenta a titularidade da potencia eólica instalada  en Galiza, chegando a configurar o actual atlas empresarial eólico de  Galiza, en que a participación de empresas de capital estranxeiro é notabelmente significativa e superior á das empresas de capital maioritariamente galego.
Galiza converteuse nunha potencia eólica, un territorio que serviu de campo de probas a desenvolvementos posteriores noutros lugares, que transformou en parte o sistema enerxético galego e español e que modelou a paisaxe. Este papel destacado posibelmente se manteña no futuro, mais o prezo que houbo que pagar quizás fose demasiado alto.
O vento seguirá chegando aos montes galegos, mais o vento de Galiza xa non é galego e, de mantérense as circunstancias que o fixeron posíbel, non volverá a selo.

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • O TARTUFO
     IBD
    Titulo del libro
    O TARTUFO
    Molère
    Laiovento (ibd)
    «O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,80 €

  • Referentias
     IBD
    Titulo del libro
    Referentias
    Xosé Lois García
    Laiovento (ibd)
    Referentias, de Xosé Lois García, é un poema monumental que transcende  as limitacións do xénero para conv...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Lingua e futuro
     IBD
    Titulo del libro
    Lingua e futuro
    Nº 260
    Goretti Sanmartín
    Laiovento (ibd)
    Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,93 €

  • AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
     IBD
    Titulo del libro
    AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
    Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
    Laiovento (ibd)
    Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre osmáis relevantes valores da Galiza. Rela...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,20 €

  • Alborada de Edipo
     IBD
    Titulo del libro
    Alborada de Edipo
    Xesús Pisón Villapol
    Laiovento (ibd)
    Alborada de Edipo comeza explorando as orixes do teatro e vai dar, por  fado ou magnetismo, ao misterio de Edip...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €