Tres mulleres de armas tomar

Tres mulleres de armas tomar

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630134
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-92630-13-4
Páginas:
80
Idioma:
CASTELLANO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
RETALLOS NOSA HISTORIA

15,00 €

IVA incluido

'Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castaña e María Soliña Este libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira.
 
 
 
 Esta é unha nova historia coas poucas fontes e referencias que delas hai, os moitos rumores que tamén corren ao falar delas e as ganas de facer algo que chegue ás rúas, ás escolas, ás novas xeracións de rapazas e rapaces que teñen que seguir a construír un mundo en que mulleres e homes sigan facendo del un lugar máis habitable no sentido máis humano e xusto da expresión.
 
 
 
 Ben é verdade que sen æ'mulleres de armas tomar'', moitas de nós non teriamos chegado a medrar nas condicións en que o fixemos e o noso vagar tería sido moito máis penoso. En aras de poder facer unha pequena homenaxe ás mulleres en xeral e a estas en particular polas súas circunstancias máis coñecidas popularmente, foi polo que nos decidimos a emprender tamaña empresa, nada doada, por certo.
 
 
 
 Nada doada, porque as eruditas e os eruditos practicamente o dixeron todo destas tres mulleres e tampouco se pretendía nin pretende atopar incunábeis que se refiran a elas, nin facer unha profunda investigación, só transmitir o pulo que mulleres como elas lle deron á  mesma historia, o que loitaron, o que sufriron e só polo simple feito  de pertencer a un xénero que non era o protagonista da historia nos momentos que lles tocou vivir.
 
 
 
 Así a nosa pretensión sinxela é contar parte do seu devagar pola vida,  cos atrancos que supuxo vivir no Betanzos do século XIII, no Lugo do século XIV e na Cangas do Morrazo do XVII, engadíndolle o feito de seren mulleres nun mundo de homes.
 
 
 
 Non se pretende facer historia "compensatoria" falando destas tres mulleres concretas, senón de reivindicar a visibilidade das mulleres no devir histórico ao igual que aquilo de que "o pobo que non coñece a  súa historia está condenada a repetilo". E isto poderiamos estendelo Ã¡ historia social, á historia das mulleres como parte integrante dunha  sociedade que, por diversos motivos, as silenciou. Reivindicar as súas vidas, fazañas e movementos nas diferentes etapas da Historia, fará que as mulleres contemporáneas teñan referentes máis que suficientes para seguir cara ao camiño da igualdade como cidadás de pleno dereito. (Introdución do libro).

Otros libros del autor en Libreria Wodan

  • TRES MULLERES GALEGS DE ARMAS TOMAR
    Titulo del libro
    TRES MULLERES GALEGS DE ARMAS TOMAR
    Domínguez Touriño, Guillermina Estévez Salazar, Felicia
    Baia
    Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,25 €

Materia en Libreria Wodan

Baia en Libreria Wodan

  • Denebola a roxa
    Titulo del libro
    Denebola a roxa
    Nº 29
    Cajaraville, Hector
    Baia
    O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,25 €

  • OS ANIMAIS DA GRANXA
    Titulo del libro
    OS ANIMAIS DA GRANXA
    AA.VV
    Baia
    A colección asocia ilustracións con magníficas fotos para mostrar ás crianzas de forma lúdica os animais. ...
    No disponible
  • OS CASTELOS
    Titulo del libro
    OS CASTELOS
    Le Loarer, Bénédicte
    Baia
    Libros presentados ao xeito dos documentais nos que un animal, que actúa como presentador, descobre e mostra Ã...
    No disponible
  • A xacia Luviñas
    Titulo del libro
    A xacia Luviñas
    Moure Mosquera, Anxo
    Baia
    A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,40 €

  • MARCHA FÚNEBRE PARA UN MONICREQUE
    Titulo del libro
    MARCHA FÚNEBRE PARA UN MONICREQUE
    Nº 15
    Vidal, Roi
    Baia
    Obra gañadora do XII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques modalidade adultos (AGADIC). Co-...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    5,00 €