Os Celtas

Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140964
Año de edición:
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-9914-096-4
Páginas:
384
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
UNIVERSITARIA

30,50 €

IVA incluido
Comprar

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada  desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa  dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas  arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta  e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • (G).(11).XARDIN LETRAS 2.CONSOANTES.(LECTOESCRITURA)
    Titulo del libro
    (G).(11).XARDIN LETRAS 2.CONSOANTES.(LECTOESCRITURA)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    10,70 €

  • Conduce rápido
    Titulo del libro
    Conduce rápido
    Nº 365
    Ameixeiras Novelle, Diego
    Xerais
    Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a  unha parella de turistas, Erika caeu ...
    No disponible

    19,50 €

  • APRENDE ELECTRÓNICA E ROBÓTICA EDUCATIVA
    Titulo del libro
    APRENDE ELECTRÓNICA E ROBÓTICA EDUCATIVA
    Montero Miguel, Roberto
    Xerais
    A era dos robots xa está aquí; son habituais nas nosas vidas, preséntanse en diferentes formas: xoguetes int...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • ELEFANTE
    Titulo del libro
    ELEFANTE
    Nº 419
    Darriba, Manuel
    Xerais
    Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións c...
    No disponible
  • Quen lle ten medo a Morgana?
    Titulo del libro
    Quen lle ten medo a Morgana?
    Alapont, Pasqual
    Xerais
    Chámome Morgana e, segundo a miña avoa, teño simpatía a moreas. Paula,  unha amiga, di que se puidese peite...
    No disponible

    12,20 €