O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Editorial:
Nigra-trea
EAN:
9788415078364
Año de edición:
Materia
PINTURA, ESCULTURA, DANZA Y TEATRO
ISBN:
978-84-15078-36-4
Páginas:
112
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

O traxe tradicional confórmase a finais do século XVIII por parte das clases populares, fronte á aristocracia e burguesía que seguían as pautas sinaladas polas modas estranxeiras. O seu desenvolvemento coincide coa Revolución Francesa, unhas das épocas máis convulsas da historia da humanidade, ao tempo que tamén se empeza a consolidar outra roupa por parte das clases dominantes, a moderna, antecesora inmediata da actual, de carácter igualitario e global.
 
 Esta evolución non foi exclusiva de Galicia, senón da maioría das rexións peninsulares e europeas, adoptando deste xeito unha vestimenta  diferenciada fronte á unificación cada vez máis intensa propiciada polas modas e a industria téxtil.
 
 En xeral, trátase dunha indumentaria con características de seu, confeccionada polas mulleres da casa, e as costureiras e os xastres locais, utilizando basicamente tecidos e elementos ornamentais autóctonos, ata que coa mellora das comunicacións empezaron a chegar de fóra, en casos de moi lonxe.
 
 Ao longo do século XIX a convivencia entre esta roupa e a considerada moderna, convértese nunha calada loita de clases, da que saíu triunfante a segunda, pasando por unha etapa «de transición» en que se  mesturan elementos de ambas, sendo os máis representativos o pantalón  e o chapeu, fronte aos tradicionais calzón e monteira.
 
 A súa decadencia comeza a manifestarse dende mediados do século XIX, sendo xa crítica nas últimas décadas, en que se empeza a usar como folclórica, principalmente por parte de agrupacións musicais.
 
 Os románticos foron os primeiros e fixarse na importancia do traxe popular, un dos piares da nosa idiosincrasia, xunto coa lingua, a música, a arquitectura e as tradicións.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

  • Ejercicios Parramón Figura en movimiento
    Titulo del libro
    Ejercicios Parramón Figura en movimiento
    Nº 00
    PARRAMON, EQUIPO
    Parramon
    Con EJERCICIOS PARRAMÓN se ofrece al público una colección abierta de títulos destinados a la práctica del...
    No disponible
  • El desnudo
    Antiguo
    Titulo del libro
    El desnudo
    AA.VV
    Parramon
    El desnudo, tal como indica el título, se centra en este tema pictóric o, por lo que este volumen comienza co...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,00 €

  • Lazkano
    Titulo del libro
    Lazkano
    Lazkano, Jesús Mari
    Nerea
    No disponible
  • Obras maestras de la iluminación
    Titulo del libro
    Obras maestras de la iluminación
    Walter, Ingo
    Taschen
    No disponible

    20,00 €

  • Magritte
    Titulo del libro
    Magritte
    Meuris, Jacques
    Taschen
    No disponible

    18,00 €

Nigra-trea en Libreria Wodan