O mundo e nós

O mundo e nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024065
ISBN:
978-84-8302-406-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

9,80 €

IVA incluido

O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza  no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro -ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo-, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é  algo real e influínte. Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida  a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, "O mundo" aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta. A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, "Nós", centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.Remátase o libro cun apartado  sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que  elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Xerais en Libreria Wodan

  • Se buscabas un deus
    Titulo del libro
    Se buscabas un deus
    Quiroga, Xabier
    Xerais
    Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, n...
    No disponible
  • (G).(07).PAPAPAPU 4 ANOS (COMPLETO)*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 4 ANOS (COMPLETO)*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    99,00 €

  • Area Maior
    Titulo del libro
    Area Maior
    Martínez Barreiro, Manuel
    Xerais
    No disponible

    10,80 €

  • Trece badaladas
    Titulo del libro
    Trece badaladas
    De Toro, Suso
    Xerais
    Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opini...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,95 €

  • Relatos de terror
    Titulo del libro
    Relatos de terror
    Lovecraft, H. P.
    Xerais
    Relatos de terror reúne oito contos de Lovecraft ("A tumba", "Do máis alá", "Herbert West, reanimador", "O c...
    No disponible