NUNHA PRESA DE TERRA
 IBD

NUNHA PRESA DE TERRA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872832
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-283-2
Páginas:
184
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre  os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E  a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura  neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
 Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das  grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
     IBD
    Titulo del libro
    MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
    XULIO L. VALCARCEL
    Laiovento (ibd)
    Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudosobre  a vida e a obra de Miguel González Garc...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,96 €

  • Gramática histórica galega I. Fonética e Morfosintaxe
     IBD
    Titulo del libro
    Gramática histórica galega I. Fonética e Morfosintaxe
    Manuel Ferreiro Fernández
    Laiovento (ibd)
    O lector ten nas súas mans unha obra que cobre un espazo no panorama editorial galego que desde hai xa ben tem...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    34,95 €

  • FIN DE FESTA
     IBD
    Titulo del libro
    FIN DE FESTA
    Diana Varela Puñal
    Laiovento (ibd)
    Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do que non se fala non existe, quen ?existe?? N...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    8,00 €

  • MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO
     IBD
    Titulo del libro
    MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO
    Manuel Castelao
    Laiovento (ibd)
    A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteunoen  autor moito máis admirado do que lido. No...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    30,00 €

  • O Teatro Circo na configración do teatro independente galeg
     IBD
    Titulo del libro
    O Teatro Circo na configración do teatro independente galeg
    Cilha Lourenço Módia
    Laiovento (ibd)
    Sinposis O Teatro Circo -o primeiro grupo galego de Teatro Independente- desenvolveu a súa actividade entre 19...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    30,00 €