Manual de Ciencias da Linguaxe

Manual de Ciencias da Linguaxe

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025888
ISBN:
978-84-8302-588-8
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

48,35 €

IVA incluido

Este Manual de Ciencias da Linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo sobre a linguaxe. A diversidade temática tratada polos respectivos especialistas ó longo de quince capítulos (desde a orixe da linguaxe na especie humana ou a zoosemiótica ata a fonética e fonoloxía, pasando pola psicolingüística ou a antropoloxía lingüística) favorece unha visión plural dos fenómenos lingüísticos, de tal xeito que este libro pode ser do interese do conxunto de profesionais da linguaxe, sexa cal sexa o seu labor concreto, pero constitúese, sobre todo, como  un excelente material de traballo para alumnos e profesores das universidades galegas.Manual de Ciencias da Linguaxe inclúe unha serie  complexa de materiais, con vistas a facilitar a súa explotación didáctica: cada un dos quince capítulos posúe unha batería de exercicios prácticos, un listado de lecturas comentadas e mais unha bibliografía introductoria nas páxinas iniciais: manuais de lingüística xeral, diccionarios, enciclopedias, selección de revistas,  etc. Na parte final do libro, o lector atopará un extenso glosario, índices analíticos, de autores e de linguas.Os autores pretenden que este volume estimule a reflexión e o debate entre tódolos estudiosos da lingua e a lingüística galegas e contribúa a un aínda maior desenvolvemento dunha disciplina que asiste a unha particular expansión nos últimos tempos. Porque o seu enriquecimento e a ampliación das súas miras han redundar tamén na expansión e dinamización da propia lingua galega.

Xerais en Libreria Wodan

  • COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
    Titulo del libro
    COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
    Fernández Gómez, Diana;Díaz Díaz, David
    Xerais
    En cocinando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia, pequenos relatos que vos engaiolarán,...
    No disponible

    15,95 €

  • COMPAS 6O.COÑECEMENTO MEDIO XERCOÑ
    Titulo del libro
    COMPAS 6O.COÑECEMENTO MEDIO XERCOÑ
     
    Xerais
    No disponible

    21,05 €

  • A lei do mar
    Titulo del libro
    A lei do mar
    Esteban, Manuel
    Xerais
    «A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,50 €

  • A nena do pixama estrelado
    Titulo del libro
    A nena do pixama estrelado
    Santiago, Eduardo
    Xerais
    Cando espertou, a nena do pixama estrelado decatouse de que non podía mover as pernas. Calquera outra, na súa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • Madonna e outros contos de inverno
    Titulo del libro
    Madonna e outros contos de inverno
    Nº 160
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto n...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €