Hamlet
 IBD

Hamlet

Nº:
429
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876281
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-628-1
Páginas:
208
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Teatro

A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de  seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a  coroa e a esposa; pero para iso el mesmo debe converterse en asasino.  Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e , sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron (e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... Hamlet é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, e o seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un Hamlet definitivo. É e seguirá  sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Laiovento (ibd) en Libreria Wodan

  • O rumor do distante
     IBD
    Titulo del libro
    O rumor do distante
    Césáreo Sánchez Iglesias
    Laiovento (ibd)
    O RUMOR DO DISTANTE.A ESCRITA DA TERRA.As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao long...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,92 €

  • Referentias
     IBD
    Titulo del libro
    Referentias
    Xosé Lois García
    Laiovento (ibd)
    Referentias, de Xosé Lois García, é un poema monumental que transcende  as limitacións do xénero para conv...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
     IBD
    Titulo del libro
    A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
    Xulio López Valcárcel
    Laiovento (ibd)
    Título: A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.II.Subtítulo: A configuración dun mito. De Mesías a Deus.L...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Schlumpf, Erwin: Homicidio
     IBD
    Titulo del libro
    Schlumpf, Erwin: Homicidio
    Nº 425
    Glauser, Fiedrich
    Laiovento (ibd)
    O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa épo...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • Os irmáns de América
     IBD
    Titulo del libro
    Os irmáns de América
    Prudencio Viviero Mogo
    Laiovento (ibd)
    En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Or...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €